Escribe aquí as túas letras, con ou sen acordes.
Se tes algunha gravación ou maqueta que queiras colgar, podes facelo no seguinte link:
https://soundcloud.com
Pasos a seguir:
(Antes de nada tes que ter a túa nova gravación disponible en arquivo mp3 ou wave ou similar no teu ordenador ou móvil..)
1. Preme arriba á dereita en: "Log in"
2. Escribe a dirección de mail e o contrasinal
3. Preme arriba á dereita en "Upload"
4. Preme en "Choose Files" e despois selecciona a canción da carpeta do teu ordenador ou móvil.
5. Unha vez seleccionada e mentres está subindo a canción, podes aproveitar para poñerlle título en "title", ou colgar algunha imaxe en "upload image" (terás que seleccionala tamén nas carpetas do teu ordenador ou móvil). Tamén podes escribir a letra e os acordes onde pon "description". Tamén podes seleccionar qué tipo de música é e outras opcións.
6. Cando remate de cargar a canción e tí de colgar a imaxe ou escribir título, letra, ect..; preme "Save".
7. Xa está colgado! Agora, na nova pantalla que che aparece, copia a dirección de arriba..
(Exemplo: "https://soundcloud.com/user860917507/error-tecnico-creaci-n-do")
8. Volta ao blog e selecciona:
8.1 - "páginas"
8.2 - En "Novas composicións: letras, cancións, músicas...", preme "editar"
8.3 - Colócate co cursor ao final da última entrada para ter espacio para colgar o teu enlace.
8.4 - Preme arriba á dereita (onde está o tipo de letra, negrita, ect..): "enlace"
8.5 - Pega a dirección anteriormente copiada en "¿A qué URL debería dirigir este enlace?"
8.6 - Pon arriba en "texto para mostrar" o título da túa canción
8.7 - Dalle a "aceptar" e xa está o enlace feito!
9. Dalle arriba á dereita (en laranxa) a "Actualizar"
*(Tamén podes gravar directamente premendo a opción "Rec", mais é un pouco mais complicado, xa que desta maneira tes que permitir o acceso á túa cámara e ao teu micrófono do ordenador ou móvil..).
No hay comentarios:
Publicar un comentario